Programa

pexels-photo-2280568-2280568.jpg

Sesión 1- 16 de outubro

Comezando un proxecto de investigación STEM

  • Definimos que é unha investigación e proporcionamos ideas sobre como xerar e enfocar preguntas para temas de investigación.
  • Abordamos cuestións sobre seguridade e ética na investigación STEM.
  • Realizamos experimentos para sentar as bases.
  • Propoñemos ideas para levar á aula.

Sesión 2- 30 de outubro

Deseño da investigación

  • Presentamos os compoñentes dun deseño de investigación básico e definimos termos clave como grupos experimentais, constantes, datos cuantitativos e datos cualitativos.
  • Investigamos os antecedentes dun tema e axudamos ao alumnado a organizar a investigación sobre o tema elixido. Explicamos como identificar recursos fiables, ofrecemos dúas formas diferentes de organizar os apuntamentos, damos consellos para evitar o plaxio e citamos ferramentas tecnolóxicas útiles.
  • Realizamos experimentos para sentar as bases.
gbe7c712733c8089b54cdc8e26849e83fefa53ac9ded0b4d12d289f4607247f8d6dc8fdd4caad61c2e67a6e877681c913a6effcf087ebb9bf124202fdf44cf84f_1280-2107510.jpg
g017232706f3250fec97831d75ee92ea7f798947fcc039631d7afad78ac6f0a58a5a1ae4974efe72227b33609d35264ede87e4e99750c548455103bcaca240cb9_1280-3480102.jpg

Sesión 3- 13 de novembro

Escribimos a hipótese e redactamos unha proposta

  • Guiamos o alumnado a través do proceso de construción dunha hipótese comprobable.
  • Acompañamos o alumnado a través do proceso de perfeccionamento dos seus deseños de investigación ata un punto no que poidan presentar unha proposta escrita para os seus experimentos.
  • Abordamos algúns conceptos erróneos habituais sobre a redacción científica.
  • Realizamos experimentos para sentar as bases.

Sesión 4- 27 de novembro

Representacións gráficas e interpretación de datos

  • Describimos diversas representacións gráficas para comunicar datos, como tipos de gráficos, diagramas e táboas. As representacións gráficas organízanse segundo o tipo de datos, cualitativos ou cuantitativos.
  • Determinamos o significado estatístico dos datos.
  • Axudamos aos estudantes a interpretar os seus datos.
  • Realizamos experimentos para sentar as bases.
pexels-photo-248152-248152.jpg
g48e9180a6f5e5c00de9d01a1099601fff842fcfb1161b38fc51717dfe4b89102008d9cc5e0c02a5d202748118dea8788_1280-183007.jpg

Sesión 5- 11 de decembro

Escribimos e presentamos o noso proxecto de investigación STEM – Parte 1

  • Guía práctica para a redacción das diferentes partes dun traballo de investigación científica.
  • Guía práctica para a presentación dun traballo de investigación científica.
  • Realizamos experimentos para sentar as bases.

Sesión 6- Data a decidir entre docentes e alumnado

Escribimos o noso proxecto de investigación STEM – Parte 2

  • Poñemos en práctica a guía de redacción e presentación dun proxecto STEM.
  • Titorización e traballo por pares.
  • Realizamos experimentos para sentar as bases.
pexels-photo-7105843-7105843.jpg
g040ea0874a43839ff54a80f52ac655c8550b0286fb759ef149f98250088eadfbf8fd9b334ae1b92abec38e3807f3e838714aeb181530fec4759a910c2ca3b9c9_1280-8398228.jpg

Sesión 7 (presencial)— 22 de xaneiro

Presentando un proxecto de investigación STEM

  • Poñemos en práctica como apoiar ao alumnado no desenvolvemento de presentacións orais sobre a súa investigación.
  • Exploramos feiras de ciencia como Galiciencia, ás que presentar o noso proxecto de investigación.