Participa

Programa

 

21 horas de curso organizadas da seguinte forma:

 

  • 5 sesións en liña de 3 horas (horario de 17:00h a 20:00h)
  • 1 sesión titorizada de 3 horas (horario a decidir entre docentes e alumnado)

Calendario

Docencia

Patricia Barciela traballa desde 1995 nos Museos Científicos Coruñeses e desde 1998 desempeña a dirección técnica da Domus, un museo interactivo dedicado ao ser humano con máis de 150 módulos interactivos. Profesional da comunicación científica, especializada en educación científica e museos, é embaixadora de Europeana e coordina a sección de Innovación Educativa de Voz Natura. Participou en numerosos proxectos, nacionais e internacionais, de educación científica e é formadora de profesorado para introducir a ciencia na aula. Tamén colabora con diversos medios de comunicación, como Voz Natura e Prensa Escuela de La Voz de Galicia e Aquelando da Televisión de Galicia.

Jose Viñas é asesor no Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDIX) de Galicia. Ganador de premios educativos como Innovagal, Premio Educa Abanca e Europeana, entre outros. Ganador de diversos premios en feiras de ciencia como Ciencia en Acción, Diverciencia e Exporecerca. Foi asesor pedagóxico de European Schoolnet no proxecto Global Excursion” e mentor en proxectos internacionais. Actualmente é embaixador do proxecto Scientix (a comunidade para a ensinanza das ciencias en Europa), membro da xunta consultiva do proxecto europeo NBS (Nature Based Solutions) EduWorld e coordina a sección de Innovación Educativa de Voz Natura.

Bases de participación

O curso organízase para axudar ao profesorado e ao alumnado en dúas áreas da investigación STEM: unha primeira fase de planificación e realización da investigación e unha segunda fase para analizar os resultados, sacar conclusións e comunicar os resultados da investigación.

Descarga as bases de participación completas

g72d91e1f3d1b5d2bf70672a486a0091aa2439d921b10abf7d051688ee56e4e8df911e89e84b5a0aa0adadd10086c0216db3aaa1c51410708b1265cb659a0cebd_1280-2030265.jpg
g9df5685f1941121c21a7c6f33ecdd4d45806541f36794f2c3f04497027b76bd53079e7f44f73912a00fa85c8f42cb6b9d2467bc7b954f4b2b27e5fd6b4727c73_1280-3183190.jpg

Formulario de inscrición

Inscrición: do 23 ao 27 de setembro

Confirmación de praza: 1 de outubro.

Contacto: [email protected]