Bases de participación
Requisitos
- Estar en activo impartindo a etapa de Ensino Secundario e Bacharelato.
- Non poderá participar o persoal docente en situación de baixa ou de incapacidade laboral transitoria.
- Compromiso de participar en todas as sesións, tanto en li��a como presencial. Permitirase unha ausencia menor ao 10% nas sesións en liña. A asistencia á xornada presencial é obrigatoria.
Admisión
Como máximo permitiranse dous docentes por centro educativo de Galicia.
Criterios de prioridade
Darase prioridade ao profesorado que cumpra os seguintes criterios na orde na que se expoñen:
- Buscarase equidade entre as catro provincias galegas.
- Buscarase equidade de participación de xénero.
- Terá prioridade o profesorado que imparta materias de ciencia ou tecnoloxía.
- Terá prioridade o profesorado de centros públicos de Galicia.
Formulario de inscrición
-
Inscrición: do 23 ao 27 de setembro
Confirmación de praza: 1 de outubro.
Contacto: [email protected]
Recoñecemento
Tramitarase a solicitude das horas de formación na Consellería de Educación da Xunta de Galicia para o recoñecemento oficial das horas de formación.