RebumbioLab
Galiciencia
Na vindeira edición, que se celebrará os días 14, 15 e 16 de maio de 2025, cumpre o seu 20 aniversario e, para conmemorar estas dúas décadas do certame, elixiuse como tema a “Neurociencia e saúde mental”. Non deixes de participar nunha edición única.
Aula Newton
Aula Newton Galicia é unha iniciativa de divulgación científica gratuíta que Tecnópole promove entre os centros educativos de Secundaria de Galicia. Está organizada conxuntamente entre Xunta de Galicia, Boeing, First Scandinavia e Tecnópole.
Ciencia e Tecnoloxía en feminino
O programa «Ciencia e Tecnoloxía en feminino» ten como obxectivo o fomento das vocacións científicas e tecnolóxicas, co fin de aumentar no futuro a elección entre o público xuvenil feminino de estudos e profesións nestes campos.
Bocadillos científicos
Os Bocadillos do Exploratorium de San Francisco son experimentos científicos interactivos postos a proba por educadores que utilizan materiais comúns e accesibles. Explora a colección en español.
Efervescencia
Na Radio Galega, os xoves ás 21:05h, Manuel Vicente fai máis accesible a ciencia neste programa de divulgación para todos os públicos. Tamén en podcast.
Mentescopia
Unha iniciativa multimedia de divulgación e promoción da Saúde Mental. Trátase dunha aposta pola educación, a concienciación e a sensibilización en Saúde Mental dirixida aos mozos e que conciencie a pacientes, familias, profesorado, asociacións e outros sectores sociais.
Voz Natura Innovación Educativa
Este espazo é a proposta de Voz Natura para levar á aula a innovación educativa en torno ao mundo natural. Aquí, as persoas dedicadas á educación poden atopar experiencias xa probadas, suxestións de formación, eventos de recoñecido prestixio ou entrevistas a educadores que destacan pola súa capacidade innovadora.
Open Science Cambre
A Open Science de Cambre escolleu un espazo privilexiado do seu pobo, o parque da Igrexa de Santa María de Cambre, construída a finais do século XII, para celebrar a súa feira científica.