Programa
Sesión 1- 16 de outubro
Comezando un proxecto de investigación STEM
- Definimos que é unha investigación e proporcionamos ideas sobre como xerar e enfocar preguntas para temas de investigación.
- Abordamos cuestións sobre seguridade e ética na investigación STEM.
- Realizamos experimentos para sentar as bases.
- Propoñemos ideas para levar á aula.
Sesión 2- 30 de outubro
Deseño da investigación
- Presentamos os compoñentes dun deseño de investigación básico e definimos termos clave como grupos experimentais, constantes, datos cuantitativos e datos cualitativos.
- Investigamos os antecedentes dun tema e axudamos ao alumnado a organizar a investigación sobre o tema elixido. Explicamos como identificar recursos fiables, ofrecemos dúas formas diferentes de organizar os apuntamentos, damos consellos para evitar o plaxio e citamos ferramentas tecnolóxicas útiles.
- Realizamos experimentos para sentar as bases.
Sesión 3- 13 de novembro
Escribimos a hipótese e redactamos unha proposta
- Guiamos o alumnado a través do proceso de construción dunha hipótese comprobable.
- Acompañamos o alumnado a través do proceso de perfeccionamento dos seus deseños de investigación ata un punto no que poidan presentar unha proposta escrita para os seus experimentos.
- Abordamos algúns conceptos erróneos habituais sobre a redacción científica.
- Realizamos experimentos para sentar as bases.
Sesión 4- 27 de novembro
Representacións gráficas e interpretación de datos
- Describimos diversas representacións gráficas para comunicar datos, como tipos de gráficos, diagramas e táboas. As representacións gráficas organízanse segundo o tipo de datos, cualitativos ou cuantitativos.
- Determinamos o significado estatístico dos datos.
- Axudamos aos estudantes a interpretar os seus datos.
- Realizamos experimentos para sentar as bases.
Sesión 5- 11 de decembro
Escribimos e presentamos o noso proxecto de investigación STEM – Parte 1
- Guía práctica para a redacción das diferentes partes dun traballo de investigación científica.
- Guía práctica para a presentación dun traballo de investigación científica.
- Realizamos experimentos para sentar as bases.
Sesión 6- Data a decidir entre docentes e alumnado
Escribimos o noso proxecto de investigación STEM – Parte 2
- Poñemos en práctica a guía de redacción e presentación dun proxecto STEM.
- Titorización e traballo por pares.
- Realizamos experimentos para sentar as bases.
Sesión 7 (presencial)— 22 de xaneiro
Presentando un proxecto de investigación STEM
- Poñemos en práctica como apoiar ao alumnado no desenvolvemento de presentacións orais sobre a súa investigación.
- Exploramos feiras de ciencia como Galiciencia, ás que presentar o noso proxecto de investigación.